Mario Conde, un empresario que responde aos intereses da oligarquía e recordemos, encarceado polos seus escándalos financeiros, preséntase ás próximas eleccións autónomicas baixo as siglas de Sociedade Civil e Democracia, con apoio dun sector bastante grande do PP en Galiza. Ante esta intentona temos que sinalar:
1. SCeD é un partido populista máis, como UPyD por exemplo. O POPULISMO que practican é a alternativa burguesa para neutralizar calquera opción revolucionaria, por iso as clases dominantes cando están a perder ou ven en perigo os seus intereses e a súa utilización do Estado, résganse as vestiduras defendendo a democracia, a SÚA DEMOCRACIA. É curioso o dato de que leven, todos estes partidos, nas súas siglas a palabra Democracia, pero a Democracia Burguesa. Cabe aclarar que esa falsa democracia, consiste non só no reparto do poder e as súas utilidades, entregando as riquezas naturais dos nosos países, senón fundamentalmente creando leis e códigos que perpetuen a validez dos actos destes ladróns de luva branca, e á vez, a explotación dos traballadores. As normas de xogo que eles impoñen sempre están ao axexo de todo goberno que pretenda transitar polos camiños da soberanía nacional e que rexeite o intervencionismo descarado da U.E e a OTAN.
2. Baixo o discurso "progre" ( unidade ante a crise, sacrificios polo ben da nación ) enganan os traballadores e traballadoras. É hora de actuar, de saír ás rúas, de concienciar, de traballar pola unidade popular, baixo un programa que recolla firmemente a superación monárquica. Loitemos pola República que nos encamiñe cara ao Socialismo, cara á liberación económica, social e nacional.
3. É de suma importancia recordar que entre o capitalismo e o socialismo, estes partiduchos se reclaman da terceira vía, cuxas expresións non son outras que a demagoxia e o populismo, disfrazado de esquerda ou dereita segundo os intereses da clase dominante, pero que á fin e ao cabo o que practican estes ladróns ( hai que dicilo ben claro, Mario Conde é un ladrón ) é unha política reacionaria, xenófoba. En momentos en que o sistema entra en desprestixio, os mecanismos oligárquicos póñense en funcionamento para crear " novas organizacións ", con máis " transparencia ", " democracia interna ", etc , pero OLLO! son o mesmo can con distinto colar. É deber dos e as mozas comunistas denunciar publicamente a aqueles que nos azoutan miserablemente polo seu propio beneficio.
CONTRA AS SÚAS MENTIRAS, UNIDADE POPULAR !!
A XUVENTUDE COMUNISTA É FUTURO !!