Foro Comunista

¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

    40 normas para convertirse en un anticomunista de éxito

    Danielovich
    Danielovich
    Revolucionario/a
    Revolucionario/a

    Cantidad de envíos : 770
    Reputación : 829
    Fecha de inscripción : 18/12/2013
    Edad : 29
    Localización : Galiza , aunque sobre todo en el mundo

    40 normas para convertirse en un anticomunista de éxito  Empty 40 normas para convertirse en un anticomunista de éxito

    Mensaje por Danielovich Jue Ago 28, 2014 2:27 pm



    Esto lo he encontrado en la web de la FPG y me ha parecido interesante:

    [Tienes que estar registrado y conectado para ver este vínculo]
    40 Regras para se tornar un anticomunista de éxito

    1. Insistir constantemente en que o marxismo está desacreditado, superado e totalmente morto e enterrado. Entón prosiga na construción dunha lucrativa carreira para superar esta teoría supostamente “morta” durante o resto da súa vida laboral.
    2. Lembre, calquera morte non-natural que ocorra baixo un réxime “comunista” non é só atribuíbel aos líderes do Estado, mais tamén ao Marxismo como ideoloxía. Ignore as mortes ocorridas pola mesma razón en Estados non-comunistas.
    3. Comunismo e marxismo son o que vostede quixer que sexa. Síntase a gusto para rotular países, movementos e réximes de “comunistas” independentemente dos seus obxectivos reais, ideoloxía adoptada, relacións diplomáticas, políticas económicas ou relacións de propiedade.
    4. Se houber un conflito implicando a comunistas, o conflito e todas as consecuentes mortes poden ser colocados sobre as costas dos comunistas. Cóidese ao aplicar isto á Segunda Guerra Mundial. Movementos fascistas que loitaron contra os soviéticos ou partisáns comunistas son bos, mais tente non loubar abertamente á Alemaña Nazi. Deixe isto para conversas particulares se vostede precisar mesmo facelo.
    5. Vostede decide o que o Marxismo “realmente significa” e quen foron os auténticos representantes do Comunismo. Simule interese por Trotski perder, dalgunha maneira, o poder en mans de Stálin, mesmo que vostede o odie tamén.
    6. Fale constantemente de George Orwell. Cite Rebelión na granxa ou 1984. Non se preocupe de que el nunca pisara a Unión Soviética nin de que os dous libros sexan novelas.
    7. Cite números de mortes masivas sen ter en conta a demografía ou a coherencia. 3 millóns de mortos pola fame? 7 millóns? 10 millóns? 100 millóns de mortos no total? Vostede non precisa preocuparse de contrastar con alguén o seu traballo, o que é bo, xa que vostede probabelmente non contrastou nada tampouco.
    8. Todo mundo que foi prendido baixo un réxime Comunista probabelmente era inocente de calquera crime. Os comunistas só prenderon poetas inofensivos e profetas políticos que tiñan unha bela mensaxe para compartir co mundo.
    9. Todo o que Stalin fixo ou deixou de facer tiña unha motivación sinistra oculta. TODO.
    10. Mantendo o espírito do #9, lembre que Stalin era un ser omnipotente, tal vez a encarnación do deus hindú Vishnu, que tiña plena consciencia de todo o que ocorría na Unión Soviética e un control total sobre todos os acontecementos realizados entre 1924 e 1953. Todo que ocorreu nesta época era vontade de Stalin. Stalin sabía os detalles exactos de todos os casos criminais do seu tempo e debido á súa crueldade sen límites, mandou fusilar a miles de persoas inocentes sen razón algunha, independentemente de onde elas estaban ou das súas posicións en vida. Sendo omnipotente, el non era dependente de informacións pasadas para el por decenas de miles de subordinados.
    11. Ataque constantemente os réximes “comunistas” por accións que ocorren nos réximes capitalistas até hoxe.
    12. Alegue que o marxismo é utópico por causa de súa descrición dunha posíbel sociedade futura. Alegue alternadamente que o marxismo fallou porque nunca deu unha descrición detallada de como sería unha sociedade comunista. Non preste atención na xigantesca contradición.
    13. Comece a referir ao marxismo como algún tipo de fe relixiosa, mesiánica, ou calquera outra porquería espiritualista que vostede poida pensar. Cando as persoas apuntaren que vostede pode trazar similitudes entre basicamente calquera ideoloxía política e as relixións, ignóreas.
    14. Lembre o dobre ataque anticomunista: ataque o sistema pos-Stalin en termos de economía, alegando que simplemente non funcionou. Xa que un oponente informado certamente apuntará que as políticas económicas socialistas realmente funcionaron nos tempos de Stalin, e de feito funcionaron moi ben, ataque aquela época con base nos dereitos humanos.
    15. Dúas palabras – “natureza humana”. Que é a natureza humana? Para os seus propósitos, natureza humana é unha explicación rápida de por que as ideas políticas e sistemas que a vostede non lle gustan están errados.
    16. As revolucións bolcheviques foron realizadas con violencia e derramamento de sangue. As revolucións burguesas foron todas realizadas a través de referendos democráticos, e non houbo ningún tipo de violencia.
    17. Use palabras como “liberdade” e “democracia” constantemente. Non acepte contestación algunha na definición destes termos.
    18. Os comunistas poden estar a favor ou contra de calquera cousa que sexa popular na súa área particular. Se vostede está a se dirixir para unha multitude de dereitistas, os comunistas están a favor da dexeneración e da homosexualidade. Se vostede está se dirixir para unha audiencia máis progre, os comunistas son homofóbicos. Esencialmente, os comunistas están a favor da dexeneración moral e da virtude puritana ao mesmo tempo. Novamente, non entenda a contradición.
    19. Ataque constantemente a Stalin en relación ao Tratado Molotov-Ribbentropp, ignorando o apoio masivo e a colaboración coa Alemaña Nazi, a Italia Fascista e o Xapón Imperial pola parte dos EUA, Francia e Inglaterra ben antes da guerra. E despois tamén, nalgúns aspectos.
    20. Glorifique a recentemente atopada “liberdade” no Leste Europeo. Ignore o masivo despoboamento vía emigración, a queda brusca da natalidade, os enormes problemas con drogas e alcool, a inestabilidade política, as guerras civís, as limpezas étnicas, o tráfico sexual e a prostitución infantil, o crime organizado, as altas taxas de suicidio, o desemprego, as doenzas, etc. A quen lle importa iso todo cando vostede ten liberdade de expresión?
    21. Fale constantemente da cultura do medo en nacións comunistas, da “patada na porta” no medio da noite. Ignore a “patada na súa porta no medio da noite, enfiándoo cunha escopeta nas súas costas, e erguéndoo da cama etc. porque vostede é sospeitoso de ser traficante”, unha ocorrencia normal na guerra dos EUA contra as drogas.
    22. Ataque os comunistas por supresión relixiosa. Ataque aos fundamentalistas islámicos por non seren seculares. Que contradición hai?
    23. Non entenda a ironía de que os EUA están actualmente loitando nunha guerra perdida e extremadamente cara contra un opoñente ao cal el financiou, apoiou e até entregou a súa primeira vitoria no Afganistán.
    24. O que vostede debe dicir cando se enfronte con todos os persistentes e, moitas veces empiorados, problemas do mundo de hoxe, e sexa cuestionado acerca de solucións? LIBERDADE! (repítao canto for necesario, até seu oponente ir).
    25. Nada que veña de “comunistas” é confiábel. A non ser que dalgunha maneira sirva ao seu favor, como o “Informe Secreto” de Kruschev de 1956 ou calquera cousa escrita por Trotski.
    26. Os líderes comunistas eran “paranoicos” por adicaren tanto tempo á seguranza interna contra a contra-revolución. Ignore as montañas de evidencias, incluíndo a restauración do capitalismo no Bloque Oriental, de que esta ameaza era ben real.
    27. Os réximes comunistas nunca eran populares. Se hai probas presentadas en varios casos que amosen o contrario, alegue que as persoas sufriron lavados cerebrais. Non faga o mínimo esforzo en considerar as restricións de gastos e loxística en semellante tarefa.
    28. A propaganda comunista é cutre e primitiva. Se alguén mencionar “Red Dawn” de John Milius, ou pior, se alguén mencionar a serie de banda deseñada de J. Edgard Hoover coñecida como “This Godless Communists” (*), saia correndo.
    29. Louve o secularismo en nome da “liberdade” e do “pluralismo” até ser confrontado por un comunista. Entón xogue a carta da relixión.
    30. Atrocidades e outras cousas ruíns ocorridas en réximes non-comunistas son culpa de “persoas a título individual”. Calquera cousa ruín que ocorra nun réxime “comunista” é culpa da ideoloxía e do sistema. E de Stalin, por suposto.
    31. Ser un anticomunista significa non ter calquera tipo de consistencia ideolóxica. Refúxiese nun populismo de esquerda pseudo-socialista o 90% do tempo, entón compare o sistema capitalista coa “Rusia de Stalin” (se vostede nunca estudou realmente o asunto, só lea a Rebelión na granxa e 1984). Reclame do capitalismo o 99% do tempo, porén rexeite cando alguén suxerir o comunismo como alternativa. Fascista ultra-dereitista? Reclame constantemente sobre a dexeneración cultural baixo o capitalismo, mentres se mantén fanaticamente contrario ao marxismo sen ningunha razón discerníbel, excepto a súa afinidade polo nacionalismo histórico.
    32. Se vostede é un anarquista, continúe apuntando o “fracaso” do marxismo mentres ignora o feito de que a súa ideoloxía ten un 100% de fracaso en toda a súa historia. Bote a culpa deses fracasos aos comunistas ou a potencias militares máis fortes. Ignore o feito de que a máis marabillosa sociedade é inútil se non consegue defenderse da reacción.
    33. Neo-nazi? O comunismo é Xudeu! Fin do debate.
    34. Neo-hippy? Tibet! E vía.
    35. Condene constantemente o xenocidio que supostamente aconteceu baixo Mao, mentres ignora as relacións dos EUA coa China estabelecidas por Nixon, e o papel xigantesco da China capitalista en relación á economía moderna dos EUA. Cando vostede quere falar positivamente da China, é un país capitalista. Se vostede precisa criticala, aínda é “comunista”.
    36. Alegue que o marxismo non é empírico. Nin o neoliberalismo, a “democracia” ou a “liberdade”, mais non se preocupe diso.
    37. Sempre insista que a pesar da localidade, país, época histórica, experiencia pasada, e todos os outros factores, os comunistas sempre queren recrear unha copia moderna da “Rusia de Stalin”, e todo iso ten sentido de acordo con vostede. Non entenda a idiotez inerente neste concepto. Total, como o seu país xa está industrializado e non ten un problema histórico de atraso…
    38. Aprenda a empregar a palabra máxica “totalitario”. Esta palabra posibilita facer conexións entre dúas ideoloxías opostas, comunismo e fascismo.
    39. Ignore o feito de que os estados socialistas tivesen máis problemas económicos paralelamente ao número de reformas de mercado que eles fixeron.
    40. Cando sexa contestado acerca de números ou contexto histórico, apele a rótulos como “tirano impiedoso”, “asasino cruel”, entre outros. Lembre, persoas como Stalin eran asasinos en masa por causa de todas as persoas que eles mataron, e nós sabemos que eles mataron todas esas persoas porque eles eran asasinos en masa. Lóxica pura! Non é?


    Danielovich
    Danielovich
    Revolucionario/a
    Revolucionario/a

    Cantidad de envíos : 770
    Reputación : 829
    Fecha de inscripción : 18/12/2013
    Edad : 29
    Localización : Galiza , aunque sobre todo en el mundo

    40 normas para convertirse en un anticomunista de éxito  Empty Re: 40 normas para convertirse en un anticomunista de éxito

    Mensaje por Danielovich Jue Ago 28, 2014 2:28 pm

    Si hace falta lo traduzco , pero creo que es sencillo de entender
    Duende Rojo
    Duende Rojo
    Moderador de Reserva
    Moderador de Reserva

    Cantidad de envíos : 5783
    Reputación : 7116
    Fecha de inscripción : 22/09/2009

    40 normas para convertirse en un anticomunista de éxito  Empty Re: 40 normas para convertirse en un anticomunista de éxito

    Mensaje por Duende Rojo Jue Ago 28, 2014 5:28 pm

    No hace falta que lo traduzcas... Esto fue colgado hace 4 años en su idioma original.

    [Tienes que estar registrado y conectado para ver este vínculo]

    Cierro.

    Contenido patrocinado

    40 normas para convertirse en un anticomunista de éxito  Empty Re: 40 normas para convertirse en un anticomunista de éxito

    Mensaje por Contenido patrocinado


      Fecha y hora actual: Vie Nov 22, 2024 6:15 pm