Foro Comunista

¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

    ( CJC GALICIA ) Solidariedade con Aarom, Atanes e Mario.

    Trabant
    Trabant
    Revolucionario/a
    Revolucionario/a

    Cantidad de envíos : 688
    Reputación : 772
    Fecha de inscripción : 17/12/2013
    Edad : 42
    Localización : Vigo

    ( CJC GALICIA ) Solidariedade con Aarom, Atanes e Mario. Empty ( CJC GALICIA ) Solidariedade con Aarom, Atanes e Mario.

    Mensaje por Trabant Dom Nov 08, 2015 9:44 pm

    O día 10 de Novembro o estado español pretende xulgar os estudantes Aarom, Atanes e Mario. Os feitos polos que van ser xulgados teñen relación cun escrache a Feijoo feito en Outubro do ano pasado.




    O 23 de Outubro de 2015 Feijoo pretendía inagurar, a pesar de ser un dos responsables da situación de extrema penuria económica que atravesan as universidades galegas e de ser membro dun partido que promove leis que so favorecen a educación privada, a XV conferencia de decanos de matemáticas que tiña lugar na facultade da USC. Con este acto Feijoo quería mostrar que a oposición cara o seu partido , no ámbito educativo, era máis pequena do que pensaba a xente.



    O mov. estudiantil de Santiago entendeu que Feijoo non podía sairse coa súa e polo tanto decidiu organizarlle un escrache, co obxetivo de que non fora el quen inagurara o acto xa que o sistema universitario público pouco lle debe a estas marionetas da oligarquía que tratan de desmantelar todo o público para deixarlle o terreo abonado as empresas que queiran facer negocio nestes sectores. Cabe destacar que o mov estudiantil nunca se opuxo a conferencia de decanos, de feito esta celebrouse con normalidade unha vez que estivo confirmado que Feijoo non ía inagurala.




    Os estudantes que foron o escrache encontráronse cun dispositivo policial desproporcionado. Os policías non ían vestidos de uniforme e en ningún momento identificáronse como tal. Estos axentes foron os que empezaron a agredir a estudantes. Ante esta situación os xóvenes trataron de defenderse como podían. Unha vez que o coche no que ía Feijoo saíu do Campus da USC deuse por rematado o escrache sen ningunha detención.




    Os días seguintes a prensa burguesa encargouse de criminalizar a protesta publicando as fotos nas que os estudantes defendianse da policía pero ocultando que foron os escoltas de Feijoo quenes iniciaron o conflicto. Foron estas fotos as que permitiron a detención dos tres estudantes, nos días posteriores o escrache. Os delitos dos que están imputados son “atentado a autoridade”, “lesións” e “desordes públicos” e as penas que lles piden son 9 anos de prisión e unha multa económica en concepto de indemnización.





    Dende os Colectivos da Mocidade Comunista consideramos que estamos diante du xuízo político cuxo fin é meter medo e paralizar o mov. estudiantil compostelán, por este motivo chamamos a que os estudantes de extracción obreira e popular mostren a súa solidariedade con estos rapaces, xa que só a amplia movilización da clase obreira e a solidariedade consiguirán a absolución destes compañeiros e impedirán que o estado cumpra o obxetivo de meter medo o estudantado galego.

      Fecha y hora actual: Sáb Abr 27, 2024 2:28 am