Foro Comunista

¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

    Acto de presentación do Comité Preparatorio Nacional do Festival da FMXD en Sudáfrica

    Andrade
    Andrade
    Novato/a rojo/a
    Novato/a rojo/a

    Cantidad de envíos : 2
    Reputación : 4
    Fecha de inscripción : 26/10/2010

    Acto de presentación do Comité Preparatorio Nacional do Festival da FMXD en Sudáfrica Empty Acto de presentación do Comité Preparatorio Nacional do Festival da FMXD en Sudáfrica

    Mensaje por Andrade Mar Oct 26, 2010 12:53 am

    SÁBADO 30 DE OUTUBRO AS 12:00 DA MAÑÁ NA BIBLIOTECA PÚBLICA ANXEL CASAL (AVENIDA XOAN XXI S/N) DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
    O ACTO CONTARA COA PRESENZA DE JUAN NOGUEIRA, VICEPRESIDENTE DO COMITÉ PLURINACIONAL PREPARATORIO DO FESTIVAL DE SUDÁFRICA.


    Unha nova edición do Festival Mundial da Xuventude e os Estudantes
    (FMXE) verá a luz este ano en Sudáfrica do 13 ao 21 de decembro. Esta
    17ª edición do Festival será, como todos os anteriores, unha expresión
    internacional de unidade e solidaridade internacionalista de mozas e mozos
    de todo o mundo en contra das ameazas da guerra imperialista e dos
    desmáns provocados polo capitalismo en crise.
    O 17º FMXE será tamén un punto de intercambio entre todos os países do
    mundo para coñecer que loitas levan a cabo e cales son as perspectivas
    políticas e aspiracións de cada pobo. Cada día dos que dure o festival está
    adicado a unha rexión do mundo, ademáis dos dous últimos días dedicados
    a Sudáfrica e á loita mundial contra o racismo, o fascismo e a xenofobia,
    durante os cales haberá talleres, seminarios de análise e debate, encontros
    intersectoriais, actividades culturais, foros solidarios, etc... Tamén porase
    en marcha un Tribunal Antiimperialista para xulgar cada un dos crimes do
    imperialismo que emitirá unha sentenza avalada pola mocidade do
    mundo.
    Dende a Federación Mundial da Xuventude Democrática invitámosvos a
    participar no acto de presentación do comité preparatorio nacional galego
    do Festival que terá lugar o Sábado 30 de Outubro ás 12:00 h. na Biblioteca
    Pública Anxel Casal (Avd. Xoan XXIII s/n) que contará coa presencia de
    Juan Nogueira, Vicepresidente do Comité Plurinacional Preparatorio

    ¡POR UN MUNDO EN PAZ, SOLIDARIEDADE E TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS, DERROTEMOS O IMPERIALISMO!
    [Tienes que estar registrado y conectado para ver esa imagen][img][URL=http://img267.imageshack.us/[/img]

      Fecha y hora actual: Vie Nov 22, 2024 2:53 am