[Tienes que estar registrado y conectado para ver esa imagen]
Varias organizacións e militantes comunistas, marxistas leninistas en definitiva, na Galiza impulsamos este chamamento aberto para crear un espazo de contraste de ideas, propostas, pero sobre todode acción política cohesionada:

Son tempos de incerteza para o pobo traballador galego. Na actualidade, e maila o que nos din os gobernos da burguesía, a crise económica e institucional acentúase, atizándonos con desemprego, inmigración, precariedade laboral, etcétera. A isto súmaselle o feito de que a polarización política das clases dominantes sitúa a loita obreira nun papel secundario.
Ante estas constatacións, as e os abaixo asinantes consideramos que é de suma importancia ofrecer unha alternativa que profunde nun cambio radical do modelo de produción imperante, do capitalismo. É dicir, que a mudanza tan necesaria teña como eixe principal a Revolución Socialista, a superación da explotación humana.
Mais é certo, nas circunstancias actuais as mulleres e os homes que sempre defendemos, e seguimos facéndoo, os obxectivos antes mencionados, non estamos en condicións de afirmar que estamos unidas e fortes, non existe unha independencia política e ideolóxica do proletariado, un Partido Comunista Unificado. A división do Movemento Comunista, e a súa desorientación, é unha realidade obxectiva que se nos plantexa de primeira orde para as revolucionarias e os revolucionarios.
Por todo iso, comprendendo o urxente da situación a que nos enfrontamos, chamamos a propiciar un ENCONTRO DE MARXISTAS que impulse a coordinación ( nas diferentes frontes de traballo inmediato, especialmente no movemento obreiro ) e o debate honesto ( unha verdadeira confrontación ideolóxica que fuxa de dogmatismos ), recuperando así o rearme teórico e ofrecendo espazos de traballo práctico, porque non renunciamos a nosa posición de comunistas, nin nunca o faremos. En definitiva, porque creemos con plena seguridade nun futuro digno para a clase obreira e os sectores de extracto popular.
Finalmente, convocámosvos a preparar o mais axiña posible unha ASEMBLEA ABERTA A NIVEL NACIONAL co fin de tratar todas as cuestións arriba mencionadas, avanzando nestas inaprazables tarefas para que as posicións das e dos que defendemos o marxismo e o leninismo teñan o peso suficiente e a forza que lle corresponde nas vindeiras loitas contra a oligarquía e as súas políticas de rapiña.
[Tienes que estar registrado y conectado para ver este vínculo]

Última edición por Trabant el Jue Feb 04, 2016 4:03 pm, editado 1 vez