Quen somos?
O Colectivo Conciencia e Transformación (CCT) é un destacamento comunista revolucionario que ten como obxectivo a reconstitución ideolóxica e política do marxismo, como paso previo e necesario no longo camiño cara a construción da sociedade sen clases e sen explotación: o Comunismo. Creado a finais do 2014 e organizado no ámbito galego ten como finalidade en materia político-organizativa contribuír na reconstitución do Partido Comunista no Estado español, como base de apoio para a Revolución Proletaria Mundial.
Co fin da onda revolucionaria do comunismo do século XX —que coñecemos como Ciclo de Outubro—, a derrota do movemento comunista internacional non se limita ao terreo político, senón que tamén constitúe unha profunda derrota cultural, teórica e ideolóxica. Por ese feito, e en coherencia coa substantividade do proceso de transformación da realidade social, que é un proceso presidido pola conciencia e polo factor subxectivo, compre comezar a construír os alicerces do movemento político revolucionario do proletariado e do novo ciclo da Revolución Proletaria Mundial pola súa base, pola teoría, aplicando na práctica a sentenza leniniana que estabelece que sen teoría revolucionaria non pode haber tampouco movemento revolucionario. Para tal labor é necesario realizar o Balance do Ciclo de Outubro, isto é, a aplicación do marxismo ás premisas teoréticas, filosóficas, políticas, etc. que guiaron a práctica da loita de clases do movemento proletario durante o pasado século, co fin de extraer os elementos pertinentes e necesarios para a reactualización do propio marxismo e garantizar a independencia ideolóxico-política do comunismo. En función dos resultados que se obtiveron, obteñen e obterán nesta tarefa, e dos principios básicos que conforman a concepción comunista do mundo, é preciso desenvolver a loita de dúas liñas no seo do movemento revolucionario contra o revisionismo, esa categoría que conforma xunto co marxismo unha unidade de contrarios en loita permanente no seu mesmo interior, e outras teorías de orixe non marxista co obxecto de conquistar a hexemonía para a cosmovisión proletaria no movemento obreiro —actualmente dominado por correntes ideolóxico-políticas defensoras dos intereses doutras clases sociais—, tal e como fixeran no pasado as correntes que encarnaban o marxismo revolucionario —marxismo decimonónico, bolxevismo, maoísmo—, marxismo que hoxe en día materializa a Liña de Reconstitución. E é no desenvolvemento de ambas tarefas, xunto con aquelas outras máis de índole organizativa e propias dun colectivo comunista, onde se forman e forxan os necesarios cadros revolucionarios, os chamados a ser estrategos da revolución proletaria.
Neste senso, balance do pasado teórico-práctico do movemento da nosa clase, loita ideolóxica contra o revisionismo e outras correntes presentes no movemento obreiro e formación de cadros comunistas constitúen as tarefas centrais e esenciais que CCT desempeña como contribución á reconstitución ideolóxica e política do comunismo. En correspondencia co anterior a nosa liña de masas diríxese á vangarda teórica, aqueles sectores da clase que se plantexan os problemas relativos á superación do capitalismo e que por tanto teñen maior predisposición a interesarse polas actividades actualmente realizadas polo noso colectivo e polo Movemento pola Reconstitución en xeral. A orientación ideolóxica para CCT no estabelecemento e realización destas tarefas teórico-políticas constitúena os principios estabelecidos pola Liña de Reconstitución —como representante do marxismo revivificado nos nosos días—, nesta primeira etapa de defensiva política estratéxica na que nos atopamos. Co horizonte posto no avance cara outras fases do proceso de reconstitución, en concreto, e da revolución comunista, en xeral.
Fuente: https://concienciatransformacion.wordpress.com/quen-somos/O Colectivo Conciencia e Transformación (CCT) é un destacamento comunista revolucionario que ten como obxectivo a reconstitución ideolóxica e política do marxismo, como paso previo e necesario no longo camiño cara a construción da sociedade sen clases e sen explotación: o Comunismo. Creado a finais do 2014 e organizado no ámbito galego ten como finalidade en materia político-organizativa contribuír na reconstitución do Partido Comunista no Estado español, como base de apoio para a Revolución Proletaria Mundial.