Les dejo un interesante texto del Colectivo Marxista-Leninista Forxa! en galego, les recomiendo el traductor de google, si no entienden esta lengua.
FÓRA DE LIBIA AS SUCIAS MANS IMPERIALISTAS
[Tienes que estar registrado y conectado para ver esa imagen]
Os comunistas de FORXA! queremos expresar a nosa denuncia firme e rotunda ante a presente intensificación da agresión imperialista sobre Libia coa chamada “Operación Serea”, que non é máis que un masacre imperialista no intento de asalto final á capital do réxime libio por parte da organización terrorista OTAN e das bandas criminais ás ordes do Comité Nacional de Transición, os seus mercenarios de bandeira monárquica. Un masacre que ven acompañado, como non podía ser menos, dunha espectacular campaña de desinformación por parte dos grandes medios da burguesía.
Esta, como todas as guerras do imperialismo, é unha guerra criminal, inxustificada e desproporcionada que só persegue garantir os intereses das grandes multinacionais do petróleo, unha guerra que enfronta as grandes potencias cun pequeno e rico pais que se negaba a ceder a súa independencia e soberanía, un pais que non renunciaba ao control sobre as súas fontes de riqueza, un pais que enfrontou unha insurrección orquestrada polos servizos de intelixencia das potencias imperialistas, a seguiren estas o modelo clásico da guerra colonial, empregando combatentes locais aliados, adestrados e financiados polo imperialismo. Que non haxa ningunha dúbida de que as bombas da OTAN que caen en territorio libio, as bombas que causan milleiros de mortos entre a poboación civil, as bombas que feren e mutilan os fillos e fillas de Libia non traerán a democracia e a liberdade, nin liberaran os pobos, senón que sentan as bases da dominación e do espolio económico por parte das grandes potencias opresoras, escravistas e explotadoras, con Francia, Inglaterra e os EUA á cabeza.
As causas da guerra contra Libia
Calquera traballador comprende perfectamente que os motivos desta guerra non son de carácter humanitario, que non son para liberaren os pobos, senón para se faceren coas súas riquezas. Ningunha operación militar do imperialismo traerá a paz e a estabilidade a Libia nin ao conxunto da rexión. Iso iría contra a propia natureza do imperialismo, contra a súa esencia devoradora e espoliadora, cruel e criminal inimigo de calquera dereito humano mínimo, entre o que se encontra o dereito á vida, dereito que foi, é e será tripado co gallo de permitir e ampliar os beneficios dun feixe de capitalistas que se reparten o mundo como se de un terreo particular se tratar.
Muammar al-Gaddafi chega ao poder mediante un golpe de estado que dá remate á monarquía absolutista e procolonial do rei Idris, Inicialmente inspirado polo nacionalismo panarabista de Nasser, Gaddafi nacionaliza parcialmente os hidrocarburos e define a súa Jamahiriya como árabe, democrática e socialista. Apoia os movementos revolucionarios de liberación nacional en África e no mundo, o que provoca a confrontación cos EUA e as principais potencias imperialistas, resultando deste enfrontamento un período de illamento con Occidente e de achegamento ao resto da África.
Na década dos noventa o Goberno libio fai reformas (Mahmud Jibril, hoxe numero dous do Consello Nacional de Transición, foi un dos tecnócratas que dirixiu esas reformas) e achegase de novo a Occidente. O Goberno de Gaddafi asina acordos económicos con Francia, Italia, Estado español, Alemaña, Inglaterra e inclusive colabora cos servizos de intelixencia norteamericanos entregando numerosos ficheiros de organizacións revolucionarias
Gaddafi paseouse coa súa jaima polas capitais europeas sendo recibido como un Xefe de Estado lexitimo e amigo de Occidente. Daquela, toleraban as suas posicions por ser Gaddafi un socio prioritario da Unión Europea e das principais potencias imperialistas. Logo, por que se converteu nunha eiva para estes? por que xa non era útil? Por que era preciso derrotar a Gaddafi?
A loita que hoxe se libra na Libia é unha consecuencia do aumento das contradicións interimperialistas e da carreira das principais potencias imperialistas polo control de materias primas e hidrocarburos necesarias para seguiren mantendo o aparello produtivo occidental face ao avanzo chinés como nova potencia mundial. O escenario destas contradicións entre as principais potencias imperialistas sitúase no continente africano, a destacar a postura profundamente agresiva e belicista de Francia, e non so na Libia senón noutros Estados africanos.
Aínda que o Goberno de Libia era na práctica un Estado supeditado aos intereses das potencias imperialistas e dos organismos internacionais, mantiña unha política relativamente independente, os acordos e contratos que eran concedidos as empresas alemáns, italianas, inglesas e estadounidenses debían respectar as condicións que impuña o Goberno libio, pouco lucrativas en comparación cos contratos que as distintas petroleiras mantiñan con outros estados africanos, como por exemplo Nixeria, mais ferreamente domesticados e, por tanto, máis servís ás necesidades das potencias imperialista
Cómpre mencionarmos tamén que Gaddafi estaba fielmente comprometido coa unidade africana, sendo sempre un dos máximos defensores. Libia era un estado cun enorme peso político e económico no continente africano. Hai que lembrar que Libia era o principal sustento económico da política de creación de organismos financeiros africanos, como o Fondo Monetario Africano ou o Banco Africano de Investimento, organismos que poderían garantir a autonomía financeira africana. Coa derrota de Gaddafi a OTAN erradicaría esta posibilidade e debilitaría economicamente os estados africanos, a quen non lles quedaría outro camiño que a supeditación aos acordos cos organismos financeiros occidentais, organismos que só buscan a obtención de maiores beneficios e o mantemento dos seus privilexios e influencia, ampliando deste xeito a súa dominación económica
Libia nos últimos tempos estaba dando mostras de querer inverter os procesos liberadores iniciados na pasada década, ou polo menos estaba a privilexiar as relacións económicas cos chamados estados BRIC (Brasil, Rusia e principalmente China) en detrimento dos acordos comerciais coas multinacionais francesas, inglesas e estadounidenses. Os investimentos chineses na Libia ascendían a 18.000 millóns de dólares e existían importantes contratos que incrementarían aínda máis o seu investimento. Coa guerra os imperialistas aseguraban o control deses preciosos recursos imprescindíbeis para as súas industrias e, por outra parte, impedían o acceso de Rusia e China a eses mesmos recursos.
A imposición dun goberno monicreque apoiado pola OTAN permitirá aos imperialistas apoderárense deses recursos. Abdeljalil Mayouf, unido aos “rebeldes” e responsábel da petroleira AGOCO, declaraba apenas hai un mes que: « Non temos problemas coas empresas occidentais, como as italianas, francesas ou inglesas, mais temos de tratar uns asuntos políticos con Rusia, China e Brasil». Días despois, o CNT acordaba a prioridade de Francia para explotar o petróleo libio, asegurando ás empresas francesas o 35% da produción.
Quen son os rebeldes?
Hoxe as forzas que se enfrontan o goberno de Gaddafi e que dan forma ao chamado CNT, do que aínda se descoñecen a totalidade dos seus integrantes, están compostas principalmente por desertores do réxime de Gaddafi, por grupos fundamentalistas islámicos ligados a al-Qaeda ,polos monárquicos seguidores do rei Idris e por toda unha sorte de partidos liberais ligados aos servizos de intelixencia occidentais e radicados en Londres ou Washington. Os grupos armados de oposición ao réxime están compostas por mercenarios e forzas especiais qatarís, inglesas francesas e norteamericanas. É este un feito innegábel que ninguén pode cuestionar. Existen numerosas probas que demostran a participación de mercenarios e de forzas terrestres da OTAN. Xunto estes, tamén combaten grupos jihadistas ás ordes de Abdelhakim Belhad (líder do Grupo Islámico Combatente Libio, rama de al-Qaeda na Libia), quen está ao mando dos “rebeldes” en Trípoli; antigos militares que desertaron do exercito de Gaddafi como Abdul Younis (asasinado por un grupo fundamentalista islámico); e milicias dos grupos da oposición ligados aos monárquicos exiliados que actúan baixo as ordes de Khalifa Belqasim Haft, ex axente da CIA e máximo responsábel militar do CNT.
Os “rebeldes” libios non son revolucionarios, senón criminais da peor condición que so teñen como bandeira o racismo e o extremismo relixioso, criminais que asasinan impunemente e que están a provocar un autentico xenocidio. Estes “revolucionarios” non loitan pola democracia senón para impoñeren un Estado absolutista despótico e patriarcal como foi o do rei Idris. Estes son os “revolucionarios” armados e financiados polas potencias imperialista.
Mais unha vez constatamos cal é a verdadeira faciana do imperialismo e a súa hipócrita dobre moral, que xustifica guerras en nome da loita contra o terrorismo e o fundamentalismo islámico en Afganistán e Iraq, mentres adestra e financia elementos de al-Qaeda na Libia.
Apoiar os “rebeldes” é apoiar o imperialismo
A guerra de Libia provocou importantes fendas na posición das organizacións revolucionarias e de esquerda, as cales se debaten entre apoiar Gaddafi e a lexitimidade e soberanía do pobo libio ou posicionarse criticamente cos chamados “rebeldes”, a asumiren unha serie de puntos de vista que seguen identificando a “revolta” na Libia e tamén en Siria cos procesos revolucionarios que están a ter lugar no mundo árabe, e que na practica non fan mais que caer na repetición da propia propaganda imperialista.
Os imperialistas, entre os que se atopa o Goberno español, fomentaron a división e o enfrontamento do pobo libio para cumpriren así cos seus plans destinados a se apropiaren das riquezas da nación libia. Non é Gaddafi o responsábel desta guerra, senón as potencias imperialistas quen fomentaron e instigaron esta brutal guerra.
Independentemente das diferenzas que poidamos manter co réxime de Gaddafi, independentemente de que como comunistas e marxistas non poidamos defender nin asumir as concepcións negadoras da loita de clases expostas no Libro Verde, malia as claudicacións pasadas de colaboración co imperialismo, como a entrega de revolucionarios, malia todo isto, entendemos que hoxe por hoxe debemos manter unha postura clara e firme sobre a guerra na Libia. Non existe nin pode existir a mais mínima ambigüidade neste asunto. O deber de todo internacionalista consecuente é denunciar, mediante todos os medios dispoñíbeis, a guerra criminal desatada polas forzas imperialista, denunciar o caracter belicista e criminal da OTAN. Isto témolo de facer, «non repetindo os bos e xerais desexos do pacifisno ,que nada din e a nada obrigan, senón desenmascarando o carácter imperialista tanto da guerra actual como da paz imperialista que ela esta preparando»*. Hoxe máis que nunca a nosa solidariedade debe situarse cos milleiros de libios que se enfrontan ao terror da OTAN e das bandas criminais do CNT, quen pretenden entregaren Libia ás mans do colonialismo
A postura internacionalista dos comunistas e a súa posición sobre a guerra
A guerra e a continuación da política por outros medios (Carl von Clausewitz)
Tanto no pasado coma no presente a guerra non é outra cousa que a continuación da política por outros medios. As guerras, nas que se verte o sangue dos pobos, o sangue das clases oprimidas, fanse para salvagardaren os intereses das clases dominantes e non defender a democracia e os dereitos humanos que estas clases ignoran e esmagan.
En toda guerra existen contradicións, agás for esta unha guerra revolucionaria, unha guerra entre o proletariado e a burguesía e o imperialismo. Mais, a despeito das contradicións de clase, os comunistas temos que saber atopar a liña xusta e concreta a respecto das guerras, ante as cales non temos nada novo que dicir salvo reafirmarmos, máis unha vez, o punto de vista do marxismo-leninismo. Quere dicir, distinguir primeiramente unha guerra xusta, defensiva, para liberar a patria da opresión estranxeira, das guerras ofensivas, pola ampliación do territorio propio ou para apoderarse das riquezas. É dicir, distinguirmos entre o inxustificábel da agresión das potencias imperialistas, das nacións opresoras, e a lexítima defensa das nacións febles, oprimidas. Así, «todo socialista simpatizaría coa vitoria dos Estados oprimidos, dependentes, menoscabados nos seus dereitos, sobre as “grandes” potencias opresoras, escravistas e espoliadoras**.
Por esta razón, e máis agora que o imperialismo se lanza nunha carreira polo control das materias primas, cando as contradicións intertimperialistas medran e os capitalistas pelexan polo dominio económico, pola conquista de novas colonias, por novas reparticións económicas de amplos territorios ,neste período a nosa tarefa como comunistas pasa por denunciarmos sen descanso as políticas imperialistas dos nosos gobernantes, exixirmos a ruptura do Estado español coas estruturas militares imperialistas
Coa resistencia Libia! Contra o imperialismo!
É difícil saber a ciencia certa o que esta a pasar na Libia debido en grande parte a gran campaña de desinformación levada a cavo polos medios de comunicación, mais unha cousa é segura: os imperialistas aínda non se atopan en condicións de aseguraren a vitoria. As cousas non son tal e como aseguran os voceiros do gran capital. As forzas lexitimas da nación libia aínda non están derrotadas e controlan unha grande parte do territorio libio. A loita de resistencia continua e continuara en maior ou menor escala porque o pobo de libia está preparado para se enfrontar a unha longa loita de liberación nacional.
Hoxe definitivamente estamos cos patriotas libios, que resisten en Bani Walid, en Sirte, en Trípoli. Con eles están as nosas simpatías porque non existe nada mais ambiguo para nós os comunistas que non amosarmos a nosa solidariedade real con aqueles que combaten coas armas na man contra as forzas reaccionarias ao servizo do imperialismo.
Coa resistencia do pobo libio! Contra o imperialismo!
Pola independencia, liberdade , soberanía e integridade dos pobos!
Pola revolución e polo socialismo!
Forxa! (Colectivo Marxista-Leninista)
Galiza, 12 de setembro de 2011
*Lenin, Pacifismo burgués e pacifismo socialista
**Lenin, O socialismo e a guerra