TÍTULO 1 - AS CÉLULAS REVOLUCIONARIAS GALEGAS
Artígo 1. As células revolucionarias galegas forman parte de tradición da loita de clases na nosa nación, Galiza. Loitamos polo socialismo, como paso previo para o comunismo, establecendo vínculos de acción con outras formacións afíns (fpg, pcpg...). As C.R.G basámosnos no marxismo leninismo, herdeiros das ensinanzas de marx, engels, lenin e stalin. Somos un partido laico, patriota e revolucionario.
Artígo 2. Consideramos que a liberación económica e social non se vai a producir sen a liberación nacional. Unha vez proclamada a Republica Galega Socialista, esta fluirá naturalmente hacia un sistema confederativo peninsular. Galiza e unha entidade nacional, temos lingua, cultura, historia común, inda que non ceiva, por unha imposición ficticia formalizada na transición, pero con séculos de historia. Esta imposición ficticia chámase "España", ou "Estado Español", con intereses capitalistas na sua fase imperialista. A península ibérica e un cúmulo de nacións oprimidas, e é noso deber internacionalista proletario defendelas.
Artígo 3. Os camaradas que formamos o partido basamos as nosas relacións en igualdade e respeto, comprendendo que nos reximos baixo os principios do centralismo democrático, onde a minoría esta sublevada a maoría.
Artígo 4. Os himnos das Células son O Himno Galego e a Internacional Comunista. Utilizamos como símbolo a bandeira galega coa fouce e o martelo en cor vermello situadas no centro. O domicilio social das C.R.G está localizado en O Carballiño.
TÍTULO 2 - ORGANIZACIÓN
Artígo 1. Poden ser membros todas as persoas que aceptan voluntariamente a nosa Política e os nosos estatutos. O ingreso se formulará a correspondente Célula onde se vaia a militar. De non ser así, ao Comité Nacional. Os principais derebes e dereitos son:
Deberes:
1.Ocupar un cargo de responsabilidade, sendo cinco (político, organizativo, axitativo, financiativo e formativo). Este cargo será estudado polos membros da célula, tendo en conta a actitude e aptitude do novo camarada.
2. Aceptar os Estatutos, que serán entregados no momento de petición de ingreso aos novos compañeiros. Estes novos compañeiros deben pasar unha etapa de 3 meses de premilitancia.
3. Responder con puntualidade nas finanzas. A cuota mensual é de 20 euros.
4. É imprescindible expresarse entre a camaradería en galego. De non ser así, procederase a sanción correspondente.
5. Participar activamente no sindicato (cig) e nos frontes de masa nos que colaboramos (15 M, Queremos Galego, MLNG...)
6. As decisións serán sometidas e debatidas no órgano correspondente, aceptando o principio de que a maoiría vence a minoría.
Dereitos:
1. Pedir a baixa correspondente en caso de renuncio.
2. Participar activamente nas tarefas programadas
3. Coñecer aos membros de direeción e ser invitado aos Congresos, máximo órgano de dirección.
Artigo 2. O máximo órgano de dirección e o Congreso, o primeiro será celebrado o 29 de Xaneiro do 2021.
Artigo 3. O comité Nacional ate o vindeiro congreso está formado por: Samuel (responsable político e de formación) Julio (responsable de organización)
"Nena" (responsable de axitación) Carlos (responsable financiativo).
Artigo 4 - Temos ate o de agora nucleos de base activos en Ourense e o Carballiño, camaradas en Teo, e simpatizantes en Allariz e Celanova. Existen organizaciones como o FPG, e o PCPG, cos que estamos mantendo relacións serias.
Artigo 5. O principio de centralismo democrático, base do funcionamento implica:
Caracter electivo de todos os organismos de dirección, de arriba a abaixo.
Rendición de contas periódicas.
Disciplina rigurosa
Cumprimento obligatorio das tarefas
TÍTULO 3 - CARACTERIZACIÓN DA CRISE ACTUAL
Artigo 1. A actual crise é unha crise de sobreproducción e estructural. Non é unha crise esporádica, senón coma señalaba Carlos Marx, o capital remedia as crises preparando outras mais extensas e impoñentes.
Artigo 2. Lonxe de ser superada esta crise, estase a intensificar, con ofensivas en contra da clase obreira galega, impostas dende o polo imperialista español, que a súa vez, fai de títere de EUA e a UE.
Artigo 3. Superar esta crise, e todas en xeral é loitar polo socialismo. Derrocar ao capitalismo é a gran tarefa do proletariado organizado e conscente. Para iso, como primer paso, hai que fortalecer as filas de organizacións que están loitar por un Partido Comunista Galego, autónomo no seu funcionamento, que non existe como tal ate o de agora.
TÍTULO 4 - NACIONALISMO ESPAÑOL, E POR ENDE, IMPERIALISMO
Artigo 1. O dereito democrático a libre autodeterminacións dos nosos pobos nos é negado por distintas razóns, máis a evidente e a sinalada a continuación. Este dereito é un dos perigos mortais para a clase burguesa españolista, xa que ameazan as suas propiedas privadas. O interese da clase oligárquica e manter esta unidade "ficticia" de nacións chamada España, ou "Estado Español". Os e as comunistas das diferentes nacións que conforman a Península nunca veran cumpridas as espectativas socialistas militando nun Partido Estatal opresor dos pobos (caracterizado, por exemplo, no PCE ou no PCPE).
Artigo 2. Ante esta situación, partimos da base de que a loita de clases debe adoptar tamen a loita pola liberación nacional. Non superaremos o capitalismo sen estos dous frentes.
Artigo 3. O que caracteriza a Galiza como Nación principalmente e o seu idioma e a formación social dos nosos cidadáns. Formación social que ben de seu, do percorrido histórico a marxe doutras nacións. Esta formación social esta mudando dende a década dos 70, constituíndose o proletariado coma base maioritaria da nosa sociedade. Con respecto ao idioma, no momento en que a nosa cultura sexa destruida por máns estranxeiras, o proceso de asimilación capitalista, na sua fase imperialista española, será máis elevado.
TÍTULO 5 - PUNTOS MÍNIMOS PARA A CONSTRUCCIÓN DO PARTIDO COMUNISTA NA GALIZA.
1. O obxetivo estratétixo dos comunistas son o comunismo e o seu paso previo, o socialismo.O comunismo será o futuro sistema social e económico da humanidade.
2. A republica socialista galega será a forma política da nosa nación, que se se dan as circustancias, camiñará xunto coas outras nacións, hacia un sistema confederal ibérico (incluindo a Portugal e Canarias).
3. Unha política unitaria no movemento obreiro e sindical. Consideramos que a CIG responde aos intereses económicos do noso proletariado.
4. Marx, Engels, Lenin e Stalin guiarán teoricamente e practicamente ao Partido. E labor nosa aprender, defender e extender o ideario marxista leninista.
5. Construir alianzas dentro do MLNG é imprescindible para a vitoria social, económica e nacional. Asi funciona o noso Partido, mantendo contacto con aqueles destacamentos revolucionarios e patrióticos.