[Tienes que estar registrado y conectado para ver este vínculo]
Desde a caída do réxime dos coroneis no 74, a política grega estivo marcada pola alternancia no goberno do PASOK — durante un período de tempo maior — e de Nova Democracia, que foron os instrumentos que permitiron a dominación do país polo capital e o imperialismo, e a submisión a estruturas antidemocráticas e antipopulares como a UE, a OTAN ou o FMI. A crise económica levou a estas mesmas forzas a reforzar a explotación da clase obreira e os sectores populares, nomeadamente por medio da nova lexislación aprobada e pola aceptación dos memorándums impostos dentro dos malchamados "programas de rescate". A chegada de Syriza ao goberno foi interpretada desde moitos actores, de forma errónea ou interesada, como o inicio dun novo ciclo político e a apertura dunha vía de esperanza para o pobo.
Na realidade, o goberno de Syriza, conformado en coaligazón con ANEL, naceu preso das limitacións dun programa que non estaba disposto a cuestionar a fondo as estruturas antidemocráticas do capital e as directrices das burguesías europeas, e funcionou como unha socialdemocracia sustitutiva encargada de realizar as mesmas funcións que outras forzas, con credibilidade esgotada no mercado electoral, xa non podían desenvolver, canalizando e reconducindo a frustración e a dor ante as medidas gobernamentais.
De feito, o goberno grego foi mesmo incapaz de aterse a este xa exiguo programa, e chegou a asinar un novo memorándum, que mantén e amplía as condicións impostas polos gobernos anteriores, con novos ataques aos salarios, pensións, dereitos laborais e sociais, ou maiores procesos de privatización. Este novo acordo, que obxectivamente perxudica os intereses e dereitos populares, foi asinado aínda malia a convocatoria dun referéndum previo sobre os termos dunha negociación moi semellante, na que a maioría da poboación emitiu un voto negativo, transformado polo goberno nun aval para pechar un novo memorándum. Este proceso mesmo desembocou nunha escisión nas propias fileiras parlamentares de Syriza, que criaron unha nova formación, chamada Unidade Popular, que retirou o apoio ao executivo, o que obrigou á convocatoria do novo proceso electoral.
O Movemento Galego ao Socialismo quer aproveitar a situación política e económica grega para reflexionar e tirar tres conclusións proveitosas para perfeccionar a nosa análise e discurso. En particular, pensamos que os acontecementos do último ano reafirman a vixencia das nosas teses sobre a caracterización de clase da Unión Europea, e sobre o carácter irreformábel desta institución, así como doutras asociadas, como o BCE. En segundo lugar, non é posíbel tampouco desenvolver unha política económica soberana e proveitosa para o pobo sen romper previamente coas reglas do capital; non podería ter existido unha negociación positiva coas institucións coñecidas como a "Troika", senón que o futuro para os pobos pasa por impugnar a súa lexitimidade, as súas condicións e a súa débeda ilexítima. No caso do Estado Español, onde non existe un memorándum estrito, PP e PSOE introduciron na Constitución a obriga de antepor a débeda a calquera outra prioridade, o que na práctica limita e impide calquera política alternativa que non pase pola ruptura destas condicións. En terceiro lugar, desde as formacións revolucionarias temos que atender e desvelar as intencións reais das organizacións que son toleradas, promovidas e alentadas desde o capital e os Estados burgueses, con promesas que ofrecen un relaxamento da explotación, que só rematan por introducir nova frustración nos pobos. Desde a atención e o respeto por todos os matices e conxunturas políticas de cada momento, e desde o rexeitamento dos terreos políticos predeterminados, pensamos que este desvelamento só pode acadarse desde a confrontación propia da dialéctica sociopolítica.
Por último, saúdamos a loita das e dos comunistas de Grecia e reiteramos a nosa solidariedade internacionalista e apoio ao Partido Comunista de Grecia -KKE- na súa batalla por gañar o poder popular e construír o socialismo, a mesma que compartimos, e pola que loitamos, as proletarias e proletarios de todos os países.