Foro Comunista

¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

    Solidariedad con el Kurdistán [Movemento Galego ao Socialismo]

    Reboiras27
    Reboiras27
    Novato/a rojo/a
    Novato/a rojo/a

    Cantidad de envíos : 38
    Reputación : 68
    Fecha de inscripción : 29/08/2014

    Solidariedad con el Kurdistán [Movemento Galego ao Socialismo] Empty Solidariedad con el Kurdistán [Movemento Galego ao Socialismo]

    Mensaje por Reboiras27 Jue Jul 23, 2015 9:26 am

    http://mgs.gal/solidariedade-co-pobo-do-kurdistan/

    En inglés: http://mgs.gal/solidarity-with-the-people-of-kurdistan/

    O Movemento Galego ao Socialismo manifesta a súa condena máis firme contra o ataque do Estado Islámico ou Da3sh en Suruç, na fronteira entre os estados turco e sirio e moi próxima de Kobane, que causou a morte de 28 mozos e perto de 100 feridos, membros da Federación de Asociacións Xuvenís Socialistas. Denunciamos a responsabilidade do goberno turco dirixido polo Recep Tayyip Erdogan, do Partido da Xustiza e o Desenvolvemento (Adalet ve Kalkinma Partisi — AKP). Manifestamos o noso apoio e solidariedade con todos os pobos que tiveron que padecer un enorme sofrimento por causa desta organización extremista, os seus aliados e outras organización semellantes, que teñen avanzado especialmente en Iraq, en Siria e no Kurdistán, e xa ameazan tamén outros países.
    Amosamos tamén a nosa solidariedade internacional coa loita desenvolvida en Kobani e a todos os pobos que resisten ao Da3sh e ao imperialismo. En particular, enviamos un fraternal saúdo ao Partido da Democracia dos Pobos (Partiya Demokratik a Gelan — HDP). É imprescindíbel que en todos os países medren as respostas contra a barbarie capitalista e os seus proxectos inmediatos e distantes.
    Na actualidade Turquía pretende actuar como unha potencia relevante na nova estratexia imperialista: a profunda reestructuración da rexión que está en curso, organizada desde a violencia e a imposición. A oligarquía turca combina os seus propios intereses particulares cunha subordinación xeral aos intereses dos Estados Unidos e da OTAN, como demostra, entre outros factores, o seu papel na agresión neocolonial desenvolvida na Siria. Este deseño entra en contradición directa cos dereitos e aspiracións dos pobos e é incompatíbel cun futuro de paz, igualdade e xustiza: só traerá máis violencia, opresión e miseria para as masas populares.
    En particular, do MGS somos conscientes das grandes dificultades que afronta a acción política e a mobilización social no Estado turco, que continúa sen recoñecer non só os máis elementais dereitos nacionais, sociais e democráticos, senón a mera existencia do pobo kurdo. Precisamente Erdogan pretendía aprobar unha reforma constitucional que reforzase máis o seu poder e o do seu partido, o AKP, que sustenta un goberno reaccionario, plenamente comprometido co capitalismo, o neoliberalismo e o imperialismo.
    Neste sentido, desexamos para o Kurdistán o mesmo futuro de emancipación que arelamos para o noso pobo e para todos os do mundo: o poder en mans do pobo por medio dun Estado independente e socialista, que derrote o patriarcado, capaz de desenvolver a súa economía de forma xusta e sustentábel, construír a súa propia cultura libre e creativamente e relacionarse en pé de igualdade co resto de nacións do planeta. Todas as organizacións revolucionarias do mundo temos unha responsabilidade histórica na loita contra o imperialismo e as súas consecuencias catastróficas en todos os ámbitos.
    Esperamos tamén que os avanzos do pobo kurdo contribúan á construción dunha alternativa diferente no Estado turco, liderada polas forzas populares, afastada de calquera implicación nas estruturas imperialistas, envolvida en iniciativas reais de paz e progreso en toda a rexión, nomeadamente no Chipre, en Siria, Irak e Irán, sen esquecer as históricas e xustas demandas do heroico pobo palestino.
    Agardamos que os vindeiros tempos sexan propicios para o achegamento entre os nosos respectivos pobos e desexamos ter máis ocasións de intercambiar informacións e análises, así como volver a expresar a nosa solidariedade coa vosa loita.
    Biji Kurdistan!

      Fecha y hora actual: Jue Nov 21, 2024 4:13 pm