A CIG de Ferrol rexistra na Xunta a convocatoria de folga xeral parcial para o 28 de xuñoO paro afectará a todas as actividades da empresa privada e o sector público e realizarase entre as 09:00 e as 15:00 horas
Os voceiros da CIG de Ferrol, Xesús A. López Pintos e Manel Grandal Anca, rexistraron este mércores nos edificios da Xunta Galiza na cidade a convocatoria de folga xeral na comarca de Ferrolterra para o xoves 28 de xuño. Unha xornada de loita a través da que a central sindical quere reclamar dos gobernos “a necesidade imperiosa de pór en marcha políticas activas de emprego e inversión pública” nunha comarca que xa rexistra máis de 20.000 desempregados/as.
Manel Grandal e Xesús A. López Pintos, voceiros da CIG de Ferrol, rexistraron a convocatoria de folga xeral na comarca para o 28 de xuño.
Os voceiros da CIG de Ferrol subliñan que “existen motivos abondo” para convocar esta xornada de loita e animaron a todos os traballadores e traballadoras a secundar a xornada de folga e ao conxunto da cidadanía á saír a rúa e participar nas mobilizacións organizadas para ese día coa fin de amosar o rexeitamento á grave situación socioeconómica que padece a comarca. Neste senso, lembraron que está previsto realizar marchas a pé dende os polígonos de Narón e Fene e unha gran manifestación polas rúas de Ferrol, que sairá ás 12:30 horas do Inferniño e rematará na Praza de Armas.
De cara a conseguir o máximo apoio, a central nacionalista xa comezou a facer asembleas nos centros de traballo e vai repartir por toda a comarca dípticos explicando as razóns da convocatoria e chamando á mobilización cidadá.
A xornada de folga, que terá lugar entre ás 09:00 e ás 15:00 horas do día 28 de xuño, afectará a todas as actividades desenvolvidas polos/as traballadores/as de empresas privadas e polos empregados/as do sector público dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, San Sadurniño, As Somozas, Cedeira, As Pontes, Pontedeume, A Capela, Ares, Mugardos, Cabana, Moeche, Cerdido, Monfero, Miño, Mañon, Vilarmaior, Valdoviño, Neda, Ortigueira e Cariño.
Dende a Unión Comarcal da CIG volveuse facer un chamamento a CCOO e UGT para que se sumen á convocatoria de folga, xa que estamos nun momento “no que hai que mobilizarse para seguir concienciando á poboación de que só a través da confrontación se pode conseguir mudar as políticas e avanzar nun cambio de modelo económico e social”.
Unha comarca en situación de emerxencia
No escrito da convocatoria, a central sindical explica que o motivo da folga é “amosar o noso rexeitamento á situación que está a padecer a Comarca de Ferrolterra, con máis de 20.000 desempregados/as, cifra que segue en aumento constante”, rexistrando unha variación interanual a respecto de 2011 que xa acada o 10,22%.
Así mesmo, ponse o punto de atención sobre o feito de que máis do 80% das empresas instaladas na zona están a sufrir proceso de regulación de emprego, concurso de acredores ou directamente peches. A isto hai que engadirlle a grave crise que padece o sector naval (industria fundamental para a comarca) sen carga de traballo, sen concretar a construción do novo dique flotante e coa lousa do veto político á construción naval civil.
En mellores circunstancias non se atopan tampouco os sectores primarios, “en especial no referido á pesca e marisqueo, en esmorecemento continuo” e con graves dificultades para garantir a produción no futuro por mor dos incumprimentos en materia de saneamento e rexeneración da ría de Ferrol.
Así mesmo, a CIG de Ferrol denuncia tamén o illamento no que ten quedado a bisbarra por falta de orzamento por parte do estado para infraestruturas básicas e alerta do incremento alarmante da pobreza, visíbel a diario no desbordamento que padecen entidades sociais como cáritas ou a cociña económica.
Fronte a isto, a central chama á continuar na mobilización e na resposta social e esixe a posta en marcha inmediata de políticas activas de emprego e inversión pública na comarca.
http://www.galizacig.com/avantar/novas/13-6-2012/a-cig-de-ferrol-rexistra-na-xunta-a-convocatoria-de-folga-xeral-parcial-para-o-28-de
Bueno, siento no tener tiempo para traducirlo todo, ando de exámenes. Creo que se entiende bastante bien, y me parecía importante informar también de otro conflicto obrero de tremenda actualidad y con una creciente combatividad.
Salud
Huelga general comarcal convocada en apoyo a los astilleros de Ferrol
Segundo Vilaboy- Comunista
- Cantidad de envíos : 172
Reputación : 187
Fecha de inscripción : 20/05/2012
» [ HUELGA GENERAL ] El Pueblo Trabajador Vasco da un paso al frente y llama a la Huelga General
» (Grecia) Huelga general convocada por el PAME
» Convocada Huelga Heneral en Hego Euskal Herria
» Huelga estudiantil 72h (Convocada por los oportunistas del SE)
» CUO - BesayaCONCENTRACION-MITIN En apoyo a la Huelga General
» (Grecia) Huelga general convocada por el PAME
» Convocada Huelga Heneral en Hego Euskal Herria
» Huelga estudiantil 72h (Convocada por los oportunistas del SE)
» CUO - BesayaCONCENTRACION-MITIN En apoyo a la Huelga General