¿QUÉ É O NOVO SOCIALISMO? (Breve resumo).
A economía nacional de mercado, a plutocracia e un estado con raíces fortemente tradicionalistas se traducen nunha dis-funcionalidade do sistema capitalista que acaban desembocando nunha dobre vertente:
1.- Por un lado unha crise de valores éticos caracterizada polo individualismo, o egoísmo, a insolidariedade, o mal uso do poder político e a opresión sobre a crase traballadora.
2.- A economía nacional de mercado sofre recesións moi profundas e cíclicas que o neoliberalismo económico non da resolto porque as alimenta para que as grandes multinacionais, as capas máis altas e con máis poder adquisitivo da sociedade e as grandes oligarquías financeiras saian beneficiadas a custa da precariedade dos dereitos socio-laborais e do benestar do resto dos cidadáns. As guerras e os mecanismos de dominación non son máis ca triste expresión pola que o capital tenta de resolver este segundo punto.
Dende a Revolución Francesa tanto o capitalismo como o socialismo tradicional non souberon cómo darlle solución aos problemas de tipo ecolóxico - planetario, da opresión, do mantemento da paz e do fomento do igualitarismo, da xustiza social e da erradicación da pobreza. Nunca existiu unha Democracia Participativa e Real que é unha das bases do socialismo moderno como o venezolano que segue en construcción.
A democracia Real e Participativa é o instrumento que promove que o individuo deixe de ser un mero participante dunha sociedade de consumo trivial e forme parte dunha sociedade alleada. As democracias formais acaban sempre caendo no solapamento de poderes ou subordinación duns sobre outros. No caso español, decatámonos de cómo o poder executivo domina e subordina ao poder xudicial e lexislativo (véxase por ex. ca derradeira reforma constitucional que pactaron o PP e o PSOE hai dous anos). Polo tanto, prodúcese unha clara forma despótica de administrar o poder político que é contraria á vontade popular. A democracia formal promove que o sistema electoral favoreza o acceso ao poder das elites cara o estado, polo que nunca existe a elección dun poder popular e democrático, de ser así o bloque hexemónico de poder perpetrará algo parecido ao xullo do 36 ou ao 23 F do 81 no estado español. A perda de soberanía nacional tamén debilita as estruturas de cohesión das democracias formais no marco dun mundo globalizado.
Tanto Marx como Engels supuxeron un fito histórico indiscutíbel ao elaborar un programa teórico que puña de manifesto os conceptos de valor, alleamento i explotación, mais non resolveron a cuestión da lóxica da economía de mercado referíndose a un programa económico planificado e socialista, dado que a progresión das forzas produtivas non lles deixou marxe para elo. A imposibilidade de fundamentar a economía nuns cimentos diferentes aos da economía nacional de mercado supuxo que a URSS se desintegrase, un proceso que Nikita Jruschëv iniciou co famoso Discurso Secreto trala morte de Iósif Stalin e rematou ca famosa Perestroika de Gorbachëv.
O socialismo deste novo século rebélase contra a incompatibilidade da economía nacional de mercado e o neoliberalismo económico no marco dunha sociedade global democrática dominada polos mercados, que son os que ditan o porvir e transcorrer da economía, pero non só iso, senón que propón unha economía democrática real, planificada e directa que lle permita ao pobo recuperar o poder real da súa soberanía, un poder que é deturpado nas democracias formais e participativas, como xa citei anteriormente.
Pero para que o socialismo sexa real necesita dun individuo como suxeito activo, alleado e con conciencia de crase e conciencia histórica, pero tamén é preciso un profundo cambio institucional. A interacción entre individuo e institución mediante unha democracia real e unha vez superada a división do traballo, o racismo, a xenofobia, os estereotipos sociais patriarcais, a cobiza e o egoísmo que son froito da posesión material e as ansias de posesión e a cultura do éxito capitalista, conformarase un Estado, República e Sociedade Socialista real onde o home e a muller son individuos cultivados, cun traballo no que se senten realizados e cunha vivenda digna. Unha sociedade onde se fomenta o “SER” fronte ao “TER”
Por último: "Os principios do valor obxectivo, da equivalencia e da planificación democrática son os eixos fundamentais da economía dunha República Socialista". [1]
[1] de Arno Peters