[Tienes que estar registrado y conectado para ver este vínculo]
Coa entrada na UE o agro galego sufriu unha brutal reconversión. Nun escenario de expansión do noso tecido agrario, e nomeadamente do sector leiteiro, impúxose un sistema de cotas que regulaba a produción do leite en función de intereses alleos ao noso país e que resultaba completamente insuficiente para Galiza: as cotas leiteiras que nos asignaron non daban nin para abastecer o propio consumo e ó mesmo tempo obrigaba ás produtoras a investir grandes cantidades de diñeiro en modernizar e ampliar as súas instalacións. As loitas dos gandeiros e gandeiras en forma de manifestacións, tractoradas, e ata cancións (todas lembramos aquela de “e se non se pode vivir, pola culpa do progreso, a próxima tractorada hache de ser no congreso”), logrou que se aplicase o sistema de cotas máis tarde que no resto da UE e ademais, que a cota fose maior do previsto inicialmente.
Non obstante, xa se sabe que o que parte, leva a mellor parte, e na Galiza deixaron os refugallos. As cotas, con todo, seguían sendo insuficientes e a regulación do leite, algo que en abstracto é positivo, resultou nefasto porque se aplicou desde unha óptica capitalista e trouxo consigo consecuencias penosas para o noso agro: desde entón, gran parte das explotacións desapareceron. E esa tendencia continuou ata o día de hoxe.
Nos últimos anos asistimos á preparatoria para esmagar completamente ese sistema de cotas que xa adxectivamos como insuficiente, pero que ao mesmo tempo dotaba dun marco de certa estabilidade ao sector. Unha estabilidade, como é habitual no sistema económico actual, efémera. Desde a UE, co absoluto beneplácito do PPSOE, foron aumentando progresivamente as cotas a finais da década pasada, provocando caídas no prezo do leite insultantes. Dobremente insultantes, de feito: mentres o produtor non cobre os custes de produción, o consumidor, no mellor dos casos paga o leite galego a prezo de ouro e no peor, escolle marcas reclamo con prezos ínfimos. Cómpre mencionarmos as consecuencias que tivo para o agro galego o veto a Rusia, que non fixo se non acentuar a precarización do noso sector e demostrou unha vez máis que a UE nos quere ver consumindo pero non producindo.
A Política Agraria Común (PAC) é un fiel exemplo da vontade de asoballar o noso tecido agrario. Dos 50.000 millóns de euros que recibe o estado, destinanse aos pequenos produtores tan só o 25% (o 75% restante está reservado para as grandes industrias, os terratenentes ou a aristocracia). “Curiosamente” máis da metade das axudas concédense a maiores de 65 anos. Se temos un agro avellentado, con aldeas abandonadas e terreos a hermo non é por casualidade. As políticas europeas, aplicadas relixiosamente polos sucesivos gobernos centrais, favorecen exclusivamente os monopolios da industria leiteira mentres os nosos productores e productoras se ven avocados á absoluta ruína.
Agora, en abril do 2015 asistimos ó golpe definitivo, á segunda reconversión do sector. A supresión das cotas (que, “casualmente”, se fai efectiva mentres se está a negociar o TTIP) traerá consecuencias que xa están empezando a notar na nova caída de prezos, así como en conflitos como o provocado por leite Río e a súa negativa en recoller leite.
Desde Isca! defendemos a creación dun marco público de recollida, transformación e distribución de leite, que se vaia encamiñando á soberanía alimentar, que regule os prezos e impida a especulación dun produto que é de primeira necesidade. Defendemos o noso agro como sector estratéxico, como unha fórmula de traballo para os máis de 200.000 mozos e mozas que se viron obrigadas a deixar o noso país desde o inicio da crise. Queremos un agro libre do “libre” mercado, libre de gobernos que atacan permanentemente os nosos intereses, libre da alongada sombra dos oligopolios que non permiten florecer o noso futuro.
Só hai unha saída definitiva a esta situación: a planificación da economía en función dos intereses da maioría social, a ruptura inmediata coa UE e as súas políticas usureiras. Saudamos por tanto, a constitución da Plataforma en defensa do sector leiteiro e, como xa levamos feito todo este tempo, seguiremos participando e apoiando as mobilizacións en defensa do futuro do noso agro, porque a loita do leite é a loita de Galiza enteira.
O noso leite, a nosa loita!